14.2 C
Santa Comba
sábado, junio 3, 2023

Promoven a reforma da piscina climatizada de Santa Comba

Xunta e concello financian a mellora da piscina climatizada do concello de Santa Comba.

O concello de Santa Comba adxudicou o proxecto para a reforma do sistema de climatización da piscina municipal ubicada no complexo deportivo de Fontenla.

Segundo fontes municipais as instalacións presentaban “deficiencias serias que aconsellaban unha posta a punto que permitise ós usuarios o seu disfrute con todas as garantías de cara o inverno”.

Dos 80.000 euros previstos, a Secretaría Xeral para o Deporte financia o 80% e o resto o propio consistorio.

Presentáronse á licitación oito empresas, gañando o concurso finalmente a empresa Esqueiro SL con un importe de 70.995,45 euros co IVE incluído “despois de ser avaliada como a mellor oferta en relación calidade-precio e obter a puntuación máis alta dos criterios de valoración”.

O adxudicatario deberá certificar a obra con antelación suficiente ó 2 de novembro de 2022 xa que nesa data deberá estar xustificada na Secretaría Xeral para o Deporte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos