15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Caión acolle o festival Rueiros da Vila 2022

A segunda edición dos Rueiros da Vila converterá Caión entre o 20 e o 28 de agosto nun festival musical e cultural con concertos e actividades lúdicas dirixidas a todos os públicos.

O evento foi presentadopor unha ampla representación do goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela, xunto a Mahoney, o responsable da entidade que xestiona o programa.

O rexedor municipal referiuse aos Rueiros da vila como unha iniciativa “ambiciosa, ampla e gratuíta para o público asistente que financia integramente o Concello”.

Explicou que nesta ocasión se celebrará en agosto, “o principal mes das vacacións”, co propósito de “remarcar o carácter de Caión como punto de referencia turística”. Ademais, destacou que ao mesmo tempo que se propoñen actividades para todos os públicos, “tamén se dá a oportunidade de actuar a grupos locais”.

Pola súa parte Mahoney puxo en valor a oferta “plural, nutrida e de carácter itinerante” que permitirá que poidan desfrutar dos eventos “desde os nenos ata os avós”. Considera que “o 50 % da programación é o propio enclave e os catro escenarios únicos que teremos”.

A música será a gran protagonista dos Rueiros da vila e encherá todos os recunchos de Caión durante esas xornadas ao estar habilitados catro escenarios diferentes para aproveitar todo o potencial que ofrece a localidade:

• Escenario Salseiras: zona verde xunto ao acceso principal á praia.

• Escenario Patio: finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo.

• Escenario Rueiro das Figueiras: praza Virxe dos Milagres.

• Escenario Cárcere Vello: paseo marítimo.

O sábado 20 a dobre proposta comezará ás 18:30 h con 2B1_Selektah, grupo que amosa gran variedade fluíndo entre os beats do house e a música máis urbana, ademais de mesturar a música electrónica en todas as súas vertentes.

Desde as 21:30 será a quenda para Pan Sen Fron, singulares pandeireteiras cuxa especialidade é tocar pola e en cuxo repertorio atoparemos pezas reinterpretadas cun estilo propio e característico.

O domingo 21 repetiranse os mesmos horarios. Pola tarde, co DJ Avocado. Á noite, con Fransy, Davide e Cibrián, un novo trío que trae unha proposta de música e letras tradicionais con aires novos e contemporáneos.

O luns 22 o protagonismo será para o supercombo musical Macheta Supah Sound (20:30 h), cunha mestura de estilos jazz, funk, blues e rock con ritmos da África occidental.

Para o martes 23 (20:30 h) está programada a actuación de Xackal, banda na que conflúen a música electrónica coa vitalidade das percusións.

O mércores 24 (20:30 h) continuarán os concertos coa música do banda larachesa Ambigüo que en breve presentará o seu novo LP.


O xoves 25 (20:30 h) será a quenda de Mad Martin Trío, a mellor banda galega de rock clásico.

O venres 26 a oferta volverá ser dobre, primeiro con Leuter (18:30 h), que presentará o seu novo directo, e Apart (21:30 h), banda de rock influenciada polos sons dos anos 70, pero cunha visión actualizada.

O sábado 27 concluirán os concertos coa música electrónica de Boneco (18:30 h) e a unión de culturas como ferramenta para promover a solidariedade e empatía entre os pobos do mundo a través do espectáculo visual e sonoro de Perfusión (21:30 h).

En cada xornada na que hai presenza de DJs farase un segundo pase unha vez rematados os concertos, polo que a música continuará despois das 23:30 h.

O domingo 28 o protagonismo será para os máis cativos cos Rueiros Pequeniños. Ás 13:00 horas teremos a actuación de Peter Punk e pola tarde, desde as 19:00 h, o contaconto musical As aventuras da castaña Garrida. Ambos eventos serán no Escenario Salseiras.

Como actividade complementaria, o mércores 24 desde as 12:30 horas coa colaboración da Confraría de Pescadores realizaranse os Roteiros da Vila, un percorrido polos lugares máis importantes da historia e tradicións de Caión guiado polo historiador local Marcos Amado que rematará cunha visita ao museo do Arquivo da Pesca.

O programa Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Instagram e Youtube nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos