10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Rescate de dúas persoas illadas na praia das Torradas en Malpica

Informa AXEGA 112-A suba da marea deixa a dúas persoas illadas na Praia das Torradas, en Malpica


A salvo, as dúas persoas que quedaron illadas pola suba da marea na Praia das Torradas, en Malpica. Os implicados percorreron o único acceso posible desde terra, que é un treito rochoso, contra o que batía con forza o mar cando intentaron volver.

Por iso, ás 15:30 horas de hoxe, chamaron ao 112 Galicia, porque o aumento do nivel do mar e o seu estado axitado ofrecía pouca confianza a estas persoas, que trataban de volver a terra.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos equipos de Salvamento Marítimo, pero o inminente comezo da baixa mar e a disponibilidade dos socorristas de Malpica, que lograron o acceso por terra, foi suficiente para sacar a estas persoas do apuro.

FOTO XUNTA DE GALICIA

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos