14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

«Santa Comba a cegas». Comunicado da asociación de empresarios xalleira

Publicamos o comunicado remitido pola asociación de empresarios de Santa Comba.

«Santa Comba a cegas»


A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA MOSTRA O SEU MALESTAR COA CORPORACION MUNICIPAL DEBIDO Á FALTA DE CONTESTACIÓN DOS ESCRITOS ENVIADOS AO LONGO DOS DOUS ÚLTIMOS ANOS EN RELACIÓN A MICROCORTES DE LUZ SISTEMÁTICOS TANTO NO NÚCLEO COMO EN NUMEROSAS PARROQUIAS DO MUNICIPIO XALLEIRO.


Ao longo dos dous últimos anos, a Directiva da Asociación de Empresarios de Santa Comba, ente que conforman 216 empresas, as cales dan emprego a preto de 2.000 persoas do municipio xalleiro e limítrofes, síntense desamparada, ante unha problemática real que está causando numerosas incidencias na vida laboral diaria do tecido empresarial xalleiro.


O Presidente da patroal xalleira, Alberto Romar, mostra o seu malestar ao non poder dar solución ante as numerosas queixas recibidas por parte dos seus asociados.


Durante os dous últimos anos, véñense producindo cortes de luz sistemáticos, os cales están afectando seriamente á maquinaria das empresas xalleiras, o que conleva a parálise de parte da súa actividade industrial, provocando incidencias en ditos aparellos, tendo que dar parte a seguros propios para arranxar ditas incidencias.


Dende a patroal xalleira enviáronse varios escritos á corporación municipal, por medio dos cales se xustifican numerosos microcortes de luz. Nesas instancias entregadas por sede electrónica, as cales non obteñen resposta por parte da alcaldía, os empresarios pretenden dar coa problemática real co fin de subsanala na maior brevedade posible.


Nesas instancias mencionadas con anterioridade a presidencia da Asociación de Empresarios, mostra a súa enteira disposición para realizar xuntanzas coas empresas titulares da rede eléctrica do Concello de Santa Comba, e así dar unha resposta seria ás empresas que mensualmente están mostrando o seu malestar na temática citada con anterioridade. Alberto Romar, solicita seriedade ao goberno actual, o cal afirma que non está preto do tecido empresarial xalleiro, deixando de atender peticións lóxicas e mostrando falta de vontade á hora de atallar problemáticas que afectan ao día día laboral da maior parte das empresas do municipio xalleiro.


Acudir á prensa é unha medida desesperada ante a falta de respostas do actual equipo de
goberno.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos