Noa Díaz esíxelle á Xunta estudos ambientais rigorosos para determinar a idoneidade da próxima construción da estación de bombeo reversible en Mazaricos
A deputada do Grupo Socialista Noa Díaz Varela ven de pedirlle explicacións á Xunta de Galicia sobre a previsible construción dunha estación de bombeo reversible proxectada para o Monte da Ruña, no municipio de Mazaricos, dirixida a aumentar o volume de produción hidroeléctrica.
Díaz subliña que a zona que rodea ao río Xallas ten un importante valor ambiental que podería estar en risco, e quere saber si a Xunta está a tramitar algún expediente neste sentido.
Unha iniciativa de Xeal
Noa Díaz trasladou ao Parlamento de Galicia varias iniciativas, recollendo así as inquedanzas do grupo municipal do PSdeG de Mazaricos e dos veciños da zona, que mesmo empezaron a recoller sinaturas contra o proxecto. Interpela deste xeito ao Goberno galego pola estación de bombeo reversible promovida pola firma Xeal e quere coñecer de primeira man a opinión da Xunta sobre a súa posible afección a este espazo ambiental.
A deputada socialista empraza ao Executivo galego a dar conta da planificación que se fixo deste proxecto hidroeléctrico, pois todo indica que xa conta co respaldo do goberno municipal, pese a tratarse dun espazo de alto valor ambiental e ecolóxico “que xa está a ser afectado negativamente polos numerosos parques eólicos” proxectos para esta comarca.
Sinala Díaz Varela que existe un total descoñecemento da existencia dalgún expediente ou consulta da empresa promotora á administración galega sobre o proxecto para que a construción supoña unha afectación negativa mínima á contorna natural.
Segundo as informacións trasladadas nos medios de comunicación, e tal e como alerta o propio comité da empresa Xeal, a deputada socialista sinala que non hai constancia de que se realizara ningún proceso de consulta ou autorización preceptiva do proxecto sobre a estación de bombeo, e no caso de ser así, esíxelle á Xunta que se presenten cales son as as determinacións do Goberno galego nese senso.
Fonte- Nota de prensa do PSdeG