O concello de Santa Comba organiza a Ruta das Perseidas Culturais.
O vindeiro sábado celébrase a Ruta das Perseidas Culturais en San Bartolomeu- o Busto na parroquia xalleira de Santa Sabiña. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na web do concello Santa Comba.
A saída terá lugar da Casa da Escola do Busto ás 21.15h. Realizarase unha andaina de dous kilómetros aproximadamente.
Ás 22h terá lugar a observación astronómica dentro do programa “a vía láctea e outros motivos do Camiño”, dirixida por profesionais do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.
Ás 23h actuará a asociación Ximiela de Louro (Muros) para poñer o broche a esta actividade.