O concello de Dumbría organiza a 35ª Festa da Praia do Ézaro con actuacións da orquestra Panamá, Mago Teto e Rocío Caamaño.
Programa 35ª Festa da Praia do Ézaro. Sábado
O sábado 6 de agosto a partir das 16h haberá obradoiros infantís de manualidades, “Euroxogos:Descubre Europa”, xogos de habilidades e inchables.
Despois chegará o Mago Teto co seu espectáculo “O Camiño do Afiador”(19H). E collerá o relevo a artista Rocío Caamaño que presentará o seu novo disco “Enbora”(22,30). Esta noite poderase volver a Fervenza do Ézaro iluminada a partir das 23h.

Programa 35ª Festa da Praia do Ézaro. Domingo
A segunda xornada será o domingo 7 de agosto. Desde as 12 do mediodía e durante toda a xornada haberá obradoiros infantís de globoflexia, chapas, imáns, broches, etc, “Euroxogos: Descubre Europa” para todas as idades, xogos de habilidades, inchables e unha sardiñada popular con animación musical.
Pola tarde continuarán as actividades cun circuito de obstáculos, xogos tradicionais, danza urbana (DaFit) para rematar coa actuación da orquestra Panamá.

