12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Un necesario documental sobre Mourelle de la Rúa

“Mourelle de la Rúa. O último gran descubridor” presentouse no ciclo de cine documental que leva o nome dun enorme activista cultural e entusiasta da figura do intrépido mariño, don José Manuel Ferreiro Chans, que estaría feliz en datas coma estas.

Mourelle de la Rúa


Foi no Museo de Arte Contemporánea de Corme, por iniciativa da asociación Insua de Viastela, co apoio do concello de Ponteceso.Un traballo, dirixido por Chema Gagino e Amalia Mato, moi necesario para dar a coñecer a figura de Francisco Antonio Mourelle de la Rúa.

mourelle

Neste documental participan investigadores, historiadores e persoeiros acreditados na materia como Suso Lista, Rafael Lema, José María Blanco, Xosé A. Fraga, Bernardo Máiz, Fernando Patricio, María Suárez ou Luis Gorrochategui.


Falan das orixes de Mourelle, dos testemuños escritos que apuntan a que estamos diante dun “home teimudo, constante e traballador”. Das expedicións, dos famosos diarios de Mourelle, do combate de San Vicente e do estreito de Xibraltar. E distintos aspectos interesantes para artellar unha biografía dun home moi especial.


Sobre o papel de Mourelle de la Rúa en San Vicente e Xibraltar publicou un artigo o noso colaborador Rafael Lema que se pode ler nesta ligazón. E tamén “da entrada na Orde de Santiago”.
Partillamos o vídeo para colaborar coa súa difusión . ENLACE

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos