Dobre cita festiva no concello de Dumbría.
Este vindeiro sábado 30 de xullo no Ézaro celebrarse o Ano Europeo da Xuventude con actividades para a mocidade, organizadas polo centro Europe Direct A Coruña, da Deputación da Coruña, e o Concello de Dumbría.
A partir das 18:30 h., na Fervenza do Ézaro, haberá obradoiros de circo: malabares, acrobacias, equilibrios e aéreos.Ás 20:00 h., espectáculo de circo-danza performance e, a continuación, sesión de DJ.Pola noite, iluminación da Fervenza do Ézaro.
Volve a tradicional Festa da Familia
O domingo 31 de xullo, regresa á Devesa da Lúa, na carballeira de Berdeogas, a Festa da Familia.
Nesta vixésima edición, non faltará o tradicional xantar ao aire libre e instalarase unha pulpeira, que venderá racións de churrasco e pulpo.
Haberá inchables para os pequenos/as e a Banda de Gaitas Invernía, a charanga O Rumbo, os gaiteiros Flor do Toxo e a Agrupación Coral Chan das Lamas serán os encargados de amenizar a xornada.Pola tarde, actuación do Grupo Garibaldi e da Orquestra Ritmo Xoven.