10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Aumento considerable dos postos de artesanía na Carballeira de Zas

Seguimos coñecendo novidades sobre a 37 edición da Festa da Carballeira de Zas, que terá lugar o 12 e 13 de agosto deste 2022.

Nesta ocasión referímonos o importante aumento de postos de artesanía que “incrementase cada ano de xeito moi notorio, habendo este ano un 300% máis que no 2015”. E un 45% máis con respecto a última edición.

Desde a organización sinalan que “dentro dos asistentes hai una ampla variedade de postos, dende os máis tradicionais de venta de instrumentos ata bixutería ou cosmética natural”.

Musical JR

Explican desde a organización que “dentro dos postos que estarán presentes durante a xornada do sábado 13 haberá oferta para todos os gustos, dende representantes de artesáns da moda máis tradicional, con prendas de ganchelo ou prendas artesás inspiradas no traxe tradicional galego, produtos feitos con epoxi e area de praias galegas, cosmética artesán e natural, pasando por alquimias naturais, remedios e cosmética vibracional, bixutería e coiro, así como os postos máis tradicionais vinculados con artigos de palla, e música tradicional, tales como son o Obradoiro Musical JR, artesáns de instrumentos tales como gaitas, que son sen dúbida as grandes protagonistas da Carballeira”.

Artesanía o 13 de agosto


Os postos de artesanía estará abertos o sábado 13 de agosto “ xunto coa zona infantil chea de xogos tradicionais feitos en madeira e apto para todas as idades, unha zona de día que este ano terá máis importancia ca nunca gracias a sesión vermú amenizada por Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre, que asistirán por primeira vez a Zas neste horario matinal”.

Vanesa Perozo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos