14.6 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

A Xunta promove a concentración parcelaria de Freixeiro (Santa Comba) que afectará a 10.250 parcelas

A concentración Parcelaria de Freixeiro afecta a 706 veciños.

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, reuniuse coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose, para analizar a proposta que afecta a 706 veciños, que se levará este mércores ao Comité Técnico Asesor que preside o propio Trenor.

Trenor explicou que nestes momentos está próximo ao seu remate o Estudio Previo de Iniciación para levalo á reunión para a súa aprobación.

A concentración Parcelaria de Freixeiro afecta a 706 veciños.

Concentración parcelaria de Freixeiro: 1.677 hectáreas e 10.250 parcelas

O delegado da Xunta destacou que esta nova zona de concentración parcelaria, que se propón para Santa Comba, levarase a cabo en Freixeiro, sobre unha superficie de 1.677 hectáreas, afectará a 10.250 parcelas e a 706 propietarios.

Trenor sinalou que a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental na reorganización do territorio

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos