19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

Xornada de portas abertas en Naturmaz e presentación de Air Fervenza

Preto de 200 persoas asisten á xornada de portas abertas de Naturmaz, en Mazaricos

Proximamente botará a andar Air Fervenza, complexo de aloxamento de alto standing con temática aeronáutica.

O pasado 23 de xullo tivo lugar a xornada de portas abertas no complexto de Naturmaz, en Mazaricos. Un evento aberto a todo tipo de público para abraiarse coa maxia da aviación deportiva. Preto de 200 persoas pasaron polo evento ao longo do día, que contou con actuación musical e xantar.

Naturmaz Air Fervenza

Ademais, tiveron a ocasión de coñecer o complexo Air Fervenza, o primeiro complexo de aloxamento de alto standing de temática aeronáutica na península ibérica.

Ao evento acudiron polo aire, como non podía ser doutro xeito, e con aterraxe na pista de Naturmaz, a Escola de Pilotos Aeroflota del Noroeste, o Aeroclub de Santiago, o Aeroclub da Coruña, Aero Lemos, o Club de voo de Cambre, Pilotos cerval, e o Aeródromo de Caldas Campañó.

Aloxamento aeronáutico Air Fervenza

O complexo de aloxamento Air Fervenza é o primeiro de alto standing centrado en temática aeronáutica na península. Os hóspedes terán a sensación de visitar o hangar dun aeroporto. Está construído cos mellores materiais, conta con fermosas vistas ao encoro da fervenza e servizos como jacuzzi. Abrirá as súas portas nas vindeiras semanas.

Xente en Naturmaz Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos