//Os concelleiros non adscritos piden a Valentín González Formoso que “aparte” a Carballido da alcaldía// Querela relacionada co parque éolico de Corme//
No Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Carballo vense de admitir a trámite unha querela contra o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido (PSOE) por un presunto delito de prevaricación administrativa en relación cun decreto no que se concedeu licencia a EDP Renovables “para desmantelar o parque eólico de Corme sen contar coas autorización sectoriais, previas e preceptivas”.
A parte denunciante ampliou a querella contra un funcionario, que actuou como secretario accidental nese tempo. A denuncia ten a súa orixe a finais do ano 2019.
“Non queremos corruptos o fronte do noso concello”
Os concelleiros non adscritos consideran que “é a hora de que o señor alcalde presente a súa dimisión”. En caso contrario emprazan ao secretario xeral dos socialistas, Valentín González Formoso ou ao secretario provincial, Bernardo Fernández que “aparten a este señor da alcaldía do concello de Ponteceso”.
Nun comunicado afirman:”Non queremos corruptos o fronte do noso concello. Non queremos funcionarios que se presenten e colaboren con corruptos”.
Convenios “arbitrarios”
Pregúntanse porque o alcalde, Lois García Carballido deu “tantas facilidades” porque “está a favor da empresa EDP e en contra dos veciños”. Tamén se preguntan “cal é o motivo de que se paguen produtividades de 2200 euros mensuais a funcionario e por que non entrega a documentación solciitada en pleno por escrito sobre os convenios firmados”.
Na ampliación da querella, sobre a que debe informar o Ministerio Fiscal tamén se denuncian “arbitrariedades” relacionadas con “diversos convenios suscritos” entre o concello de Ponteceso e a empresa EDP.