8.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Festas na Laracha 2022 con Panorama, Finisterre, Compostela e Fania Blanco Show

Festas na Laracha 2022. “A programación é de alto nivel e moi variada” sinalou o alcalde José Manuel López Varela.

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira delegada da área de Festas, Patricia Bello, e o presidente da Comisión de Festas da Laracha presentaron a programación que se desenvolverá do 14 ao 17 de agosto con motivo da celebración das Festas Patronais da capital municipal.


O cartel conta con orquestras de primeiro nivel e tamén con propostas culturais, deportivas, lúdicas e recreativas para o desfrute de todos os públicos. Haberá dous escenarios principais nos que se desenvolverán os eventos, acollendo a Praza do Concello as sesións vermú e a Praza Olonne sur Mer, a maior parte das actividades das tardes e tamén as verbenas nocturnas.

Festas na Laracha 2022


Orquestra Finisterre o 14 de agosto


As festas comezarán o domingo 14 pola tarde co concerto infantil Uxía Lambona e a Banda Molona a cargo de Astronauta Sideral, ás 19:00 horas na Praza do Concello. Pola noite a verbena será amenizada pola orquestra Finisterre.


Os Viqueiras, Santa María de Torás e Compostela

O luns 15, o día grande das Festas, o pasacalles será a cargo da banda de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Pola tarde, desde as 18:00 horas, celebrarase unha nova edición do trofeo de fútbol “Concello da Laracha” no campo Municipal que, como é tradicional, será en formato triangular e participarán o Laracha CF, a UD Paiosaco e o Club do Mar de Caión, servindo tamén o torneo como preparación na pretemporada dos tres conxuntos.
Ás 20:00 horas a Asociación Cultural Santa María de Torás ofrecerá unha actuación no Praza Olonne sur Mer. Pecharase a xornada coa verbena a cargo da orquestra Compostela.


E o martes 16, a Orquestra Panorama

O martes 16 o pasacalles do mediodía será coa Agrupación Musical Nuestra Señora del Nordés. Ás 13:00 horas sairá a procesión desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque e San Antonio, onde se oficiará unha misa solemne. Pola tarde, ás 19:00 horas Somos Circo realizará o seu espectáculo de acrobacia aérea Desastronauts. E a xornada rematará co prato forte do cartel, a verbena coa orquestra Panorama.

Festas na Laracha 2022

Fania Blanco Show para rematar as Festas na Laracha 2022

O mércores 17 a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco encargarase do pasacalles. Pola tarde, desde as 17:00 horas, a Praza Olonne sur Mer acollerá o Día do Neno con diversidade de xogos para os máis pequenos. E á noite porase o punto e final ás festas cunha verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show. No descanso haberá un espectáculo de fogos artificiais.


O alcalde aproveitou a ocasión para agradecer o traballo da Comisión de Festas que, coa colaboración do Concello, fai posible “contar cunha programación de alto nivel e moi variada para que todos poidamos celebrar os días grandes da capital municipal”.


Tamén o presidente da Comisión de Festas agradeceu o apoio que están a recibir tanto polo Concello como polos veciños da parroquia de Torás, locais de hostalería, establecementos comerciais e empresas colaboradoras. Ambos concluíron animando á cidadanía a acudir e desfrutar dos eventos durante esas catro xornadas de festa.

O programa, que inclúe orquestras de referencia, día do neno e outras propostas culturais e deportivas, foi presentado polo alcalde e o presidente da Comisión de Festas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos