Ara Nieto cumpriu o seu soño. Non lle faltaba nin talento, nin ilusión nin sacrificio. Pero non era un concurso sinxelo. Basta con ver o nivel artístico dalgunhas participantes. Por exemplo, a outra finalista, Jennifer Cambón.
O voto popular apoiouna desde un principio e o xurado tamén valorou as súas actuacións. E o pasado venres coroouna como gañadora do “Recantos” da TVG.
A representante da Costa da Morte interpretou unha versión en galego de “My heart will go on”, que popularizou Céline Dion na película Titanic.
Ara Nieto: paixón musical desde moi pequena
A cantante de Mazaricos levou o premio de 5.000 euros e o prestixio que o certame ten. Ara Nieto é vocalista da orquestra Principal.
Durante este concurso interveu en varias ocasións no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, onde volverá estar este venres 22 de xullo a partir das 12h.
Nun deses programas falounos dos seus inicios:Empecei a cantar coa miña avoa que me ensinou a cantar a Rianxeira en Londres. A xente non entendía nada”
Neste mesmo día, no programa “Luar”, presentaranse os participantes do próximo “Recantos”.