8.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Evacuado en helicóptero un tractorista despois de envorcar co seu vehículo en Dumbría

AXEGA 112

Un tractorista necesitou a axuda dos equipos de emerxencia esta tarde tras sufrir un accidente co vehículo agrícola que manexaba en Dumbría, A Coruña.

Foron os servizos sanitarios os que chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender a un home atrapado baixo un tractor na aldea de Castro. Así, para colaborar nas labores de aterraxe da aeronave e prestar asistencia ao equipo médico, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Cee e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron ao 112 que foi necesaria a súa intervención para liberar ao tractorista, que quedou atrapado baixo o vehículo. Nada máis rematar as labores de excarceración, o ferido foi evacuado a bordo da aeronave médica ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago.

Cómpre sinalar que o accidente produciuse moi preto das seis horas desta tarde e, desde o 112 avisouse, tamén, aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Foto-Helico Santiago

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos