8.8 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

“Endaterra” inicia o seu camiño en Santa Comba

“Endaterra” é un cóctel artístico moi atractivo que fusiona música e baile tradicional con teatro e recursos audiovisuais.

A produción, dirixida por Henrique Peón, conta coa participación dun elenco dunhas oitenta persoas, con músicos, bailaríns, o coro e as pandereteiras da agrupación Xacarandaina ou o grupo de acordeóns “Os do Fondo da Barra”. Tamén participan as actrices Lucía Veiga e Marita Martínez.

Endaterra, conectando o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía

O fío condutor deste espectáculo son o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía. E en base a historia dunha peregrinación dunha aristócrata inglesa e a súa doncela vaise encetando un “camiño” cheo de danzas, cancións, tradicións, etc.

Patrimonio inmaterial, cultura tradicional que será protagonista. Moitos foron tesouros conservados polas recolleitas do propio Peón, que ten moita vinculación coa Costa da Morte. “Endaterra” conta cunha banda sonora exclusiva para o evento, composta por Ismael Marcos e Francisco Barcia.

Quique Peón

Quique Peón en Radio Xallas

En declaracións a Radio Xallas, Quique Peón confesou que fai anos “quedei enganchando ao Camiño”, e iso ten moito que ver nesta iniciativa: “É un espectáculo que ten como base a música tradicional de Galicia pero onde se fusionan outras artes escénicas como o audiovisual, o teatro e a música de composición, e que pon en valor e une os dous camiños, e lle da unha identidade”.

Peón define o evento como “unha especie de musical enxebre” e polo seu deseño e tamén pola súa conexión coa terra “creo que vai ser un éxito e lle vai a gustar a xente”.

Ligazón entrevista a Radio Xallas- Desde minuto 61

“Endaterra” poderase ver no pavillón de deportes de Fontenla en Santa Comba o vindeiro sábado 23 de xullo ás 22,15. A entrada é gratuita pero é preciso reservar entrada na web do concello de Santa Comba www.santacomba. E neste caso hai unha sorpresa relacionada coa parroquia de Santa Sabiña.

Despois desta estrea en terras xalleiras a produción poderá verse noutras localidades da provincia como Negreira ou Dumbría. Contan co apoio da Xunta de Galicia desde o programa “O Teu Xacobeo” e da Deputación coruñesa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos