10 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

San Cristovo en Santa Comba con Olympus, Fuego e DJ Rokiño

Festas de San Cristovo en Santa Comba o 30 e 31 de xullo.

Santa Comba celebra as festas na honra de San Cristovo o sábado 30 e o domingo 31 de xullo. Con motivo destas festas haberá unha concentración de coches clásicos o domingo.

O sábado pola noite actuará o grupo de acordeóns de Santa Comba(21,30h) e posteriormente haberá unha verbena coa orquestra Olympus e a discoteca móbil CDC.

A orquestra Olympus de Negreira chega coa seu “Red Tour” e cunha potente posta en escea. Un elenco de 17 persoas, con seis vocalistas, tres bailaríns e oito músicos. Na foto María Kilate
María Kilate

A orquestra Olympus de Negreira chega coa seu “Red Tour” e cunha potente posta en escea. Un elenco de 17 persoas, con seis vocalistas, tres bailaríns e oito músicos.

Caras “coñecidas” na dianteira como a de María Kilate (que gravou recentemente Na Llama con DJ Rokiño) ou Alba Navarro.

Na parte masculina, Eulícer Aróstegui e Néstor Peña, que formaron parte de El Combo Dominicano, Diego Barbazán e José Manuel Martínez “Leo”.

dj Rokiño no San Cristovo en Santa Comba 2022

Fuego e DJ Rokiño

O domigno 31 será un día cheo de actividades. Ás 11 terá lugar a recepción dos coches clásicos e despois unha misa no campo da feira(12,30h), con procesión motorizada(13,15h) e entrega de premios os vehículos mellor engalanados(14).

A sesión vermú (14,30h) terá como protagonista á orquestra Fuego que pola noite estará acompañada polo vimiancés DJ Rokiño e pola discoteca móbil CDC. Non faltará a tradicional sesión de fogos de artificio (24h).

A orquestra Fuego conta nas súas filas coa intérprete camariñana Yolanda Canosa e con Lidia Sueiro (Fania, Trovadores, Foliada), acompañada por Santana, Bruno Cores, Cristian Torres como vocalistas.

Orquesta Fuego no San Cristovo en Santa Comba 2022

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos