14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Auxilian a un barranquista ferido en Mazaricos

foto-GES MUROS

Un helicóptero de Salvamento Marítimo trasladou a un barranquista ao Hospital Clínico de Santiago despois dun amplo operativo de rescate no que participaron bombeiros de Boiro, Santa Comba, voluntarios de Protección Civil de Mazaricos, Urxencias Médicas, Garda Civil e efectivos do GES de Muros.

Segundo informaron os Bombeiros de Santa Comba un barranquista sufría unha caída este mediodía cando reralizaba o descenso por un barranco en Santa Baia, entre Mazaricos e Outes.

O home fracturou unha perna e non era capaz de abandonar a zona nin coa axuda dos seus compañeiros. Os bombeiros colocaron ao ferido nunha padiola de rescate e porteáronno ata unha zona de vexetación onde un membro de Salvamento Marítimo puido subir á esta persoa ao helicóptero para ser evacuado ao hospital.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos