A comarca xalleira tamén continúa de festa. Están son as máis próximas.
O Carmen de Bustelo
Este vindeiro domingo celébrase a Festa do Carmen de Bustelo na parroquia de Montouto, no concello de Santa Comba.
Haberá unha mosa na igrexa de Montouto ás 12h e logo procesión ata a capela de Bustelo onde se celebrará “unha misa grande”. Non faltarán os fogos de artificio, xogos populares, gaiteiros e a actuación en sesión vermú e verbena de Rocío Pérez.
As Maroñas en festas
O vindeiro luns 18 de xullo comezarán as festas en As Maroñas, no concello de Mazaricos. Despois da misa solemne na honra a Santa Mariña(13h), haberá unha sesión vermú co Trío Alborada. Poal noite tocará verbena coa orquestra París de Noia e a disco Mega CDC.
E o martes 19, misa na honra a San Antonio(13h), sesión vermú coa orquestra Solara e verbena con Solara e o trío Alborada.
Festas en Fontecada
E o mércores 20 será o día de inicio das festas de Fontecada (Santa Comba). Misa solemne como de costume, sesión vermú co grupo Atenas, pasarrúas coa charanga Os Celtas e verbena con Atenas e a discoteca móbil CDC.
O xoves, misa solemnte como de costume, sesión vermú con Furia Joven e pola noite verbena con Furia Joven e Gran Parada.