Info- AXEGA 112 – fOTO-ARCHIVO
Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron en helicóptero a unha persoa con lesións de consideracións ao ser alcanzado por un vehículo na estrada que une as localidades de Santa Comba e Muros, á altura do cruce de Mámoas.
Foi un particular quen, ás 13:00h, contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para informar do suceso. Solicitaba axuda médica urxente para un home atropelado por un turismo despois de que o vehículo sufrise unha saída vía. Engadía no seu relato que o condutor tamén precisaría asistencia sanitaria.
Así, desde o 112 Galicia informouse decontado aos servizos sanitarios de urxencia que, debido ás lesións provocadas ao peón polo accidente, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ao lugar.
Co fin de prestar apoio ao equipo médico e restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores de emerxencias informaron do suceso aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Muros, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.