13.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Costa da Morte GDR aprobou os seus orzamentos e prepara a candidatura para seguir colaborando co Leader

A asociación Costa da Morte GDR aprobou os orzamentos para o ano 2022 que ascenden a 189.953 euros.

Tamén se aprobaron as contas do ano 2021. O excedente do exercicio ascende á cantidade de 3.201,30€; e o total de activo e pasivo recolle un importe de 81.069,49€.

Asamblea Costa da Morte GDR


Na asemblea ordinaria celebrada o pasado sábado en Baio(Zas) douse luz verde ao informe de xestión e informouse dos tres proxecto se promoción que se están levando a cabo: “Marca Terra Atlántica: Territorio – Produto – Calidade”, “Difusión de proxectos Leader e promoción do territorio 2022” e “Ecocomedores – Km Costa da Morte”.


Desde 2017 (comezo deste período Leader) aprobáronse 80 proxectos (58 Produtivos e Non produtivos e 22 de funcionamento, promoción e animación). A inversión acumulada ascende a 9.769.858 euros e a subvención acumulada a 3.935.588 euros. Os empregos comprometidos consolidados suman 158,80 UTAs e os empregos comprometidos creados 53,75 UTAs.Costa da Morte GDR está preparando a candidatura para o novo periodo 2023-2027.


Antes houbo unha asemblea extraordinaria para “facer unha pequena modificación dos Estatutos Sociais para adaptalos ao que Agader require nas Bases da medida Leader de Galicia para o período 2023-2027”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos