15.5 C
Santa Comba
sábado, junio 3, 2023

Dúas persoas foron rescatadas, unha delas falecida, ao embarrancar o seu iate en Malpica de Bergantiños

Fonte-axega 112

Os feitos sucederon preto do espigón de Malpica, ás 07:30 horas desta mañá.

Ata o lugar acudiu un helicóptero de Salvamento Marítimo, que rescatou as dúas persoas, unha delas sen vida, e evacuounas ao Aeroporto de Alvedro, desde onde unha ambulancia trasladounas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Nada máis ter coñecemento do suceso, a través de Salvamento Marítimo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil. Ademais, informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Veleiro que encallou nunha zona rochosa en Muxía


Por outra banda, o 112 Galicia tivo coñecemento, ás 18:30 horas de onte, dun veleiro que acababa de encallar nunha zona de rochas nas proximidades do Santuario da Barca, no que navegaban oito persoas.

Foi un dos tripulantes da embarcación quen contactou co 112 Galicia para dar conta da súa situación.

De xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, a Protección Civil, á Garda Civil e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a tripulación do veleiro puido saltar ás rochas e, posteriormente, foi trasladada á base de Protección Civil, onde recibiu asistencia, aínda que ningún dos seus membros necesitou atención médica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos