spot_img
14.9 C
Santa Comba
jueves, agosto 11, 2022
Grandes festas en Muxía

Os irmandiños volveron a asaltar o Castelo de Vimianzo


Tras dous anos de parón pola emerxencia sanitaria, milleiros de persoas gozaron, ao longo do día, das actividades do Asalto ao Castelo, unha festa recentemente catalogada como de Interese Turístico de Galicia.

Asalto ao Castelo 2022


Desde primeira hora da mañá, Vimianzo acolleu a Feira Artesanal, que trasladou ao municipio ao medievo, ofrecendo máis de 40 postos. A xornada deixou tempo tamén para obradoiros como os de gloflexia, os Xogos de Mesa Irmandiños, técnicas de combate medieval, o torneo de xadrez, de esgrima infantil ou de moda. Xa entrada a tarde, chegou a hora dos máis pequenos co Asaltiño.

Asalto ao Castelo 2022


Tras a cea medieval e o concerto da artista galega Sés, chegou o momento máis agardado do día. Foi entón cando milleiros de veciños e veciñas e persoas visitantes, ataviados con traxes da época, acenderon os seus fachos, ergueron o ariete e tomaron rumbo cara ao Castelo. Precisamente neste lugar iniciáronse as hostilidades contra os señores feudais ao grito de lume.


Info- Concello de Vimianzo

Asalto ao Castelo 2022

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,782SeguidoresSeguir
465SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos