San Pedro de Santa Comba. Huelvis:”Grazas a comisión por unirnos nas alegrías e facer unhas festas de Champions League”.
Coa música e o baile de Axio Mouro e o emotivo pregón de José Manuel Vázquez “Huelvis” comezaron as festas de San Pedro de Santa Comba que xa celebrou a primeira verbena con Los Satélites e Claxxon.
José Manuel Vázquez falou dunha “Santa Comba onde hai persoas e paraísos maravillosos, xente da que aprender, polo que vivir”. E duns xalleiros de “espíritu emprendedor e aventureiro, de talento e traballo”.
Estivo acompañado por membros da comisión de festas e pola alcaldesa, María Pose, que tamén saudou ós presentes.
Fantástica verbena con Los Satélites e Claxxon
No tocante á música, o San Pedro non poido comezar mellor. Arrancaron Los Satélites totalmente entregados e cun repertorio de baile que fixo gozar a parroquia que se cubría da choiva dentro da carpa. Noly, Arturo, María José e Alejandra, acompañados por uns excelentes músicos demostraron porque este orquestra segue sendo unha referencia a nivel estatal.
E Claxxon puxeron o ingredinte pop e rock na noite. Cunha selección moi ben escollida e cuns temas moi ben tocados. Unha verbena prácticamente perfecta.
Día de San Pedro de Santa Comba 2022
Para este mércores, 29 de xuño, pasarrúas cos gaiteiros da Baña, misa e procesión(13h), e sesión vermú con los Españoles(14,15h).
Pola tarde (19h) haberá un espectáculo de maxia cun obradoiro incluído a cargo do mago Charly Braun e do ilusionista xalleiro José Benigno Santamaría. Los Coleguitas de Venezuela e Los Españoles protagonizarán a verbena.
No aspecto musical o xoves 30 actuarán Puzzle (tamén vermú), Finisterre e a “recanteira” Jennifer Cambón. O venres 1 de xullo Kalima (tamén vermú), Mega CDC e El Combo Dominicano. E o sábado 2 de xullo, a orquestra Panorama, Pontevedra e a discoteca móvil CDC.