17.9 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Ciclista accidentado no porto do Ézaro

Segundo informa AXEGA 112, a pasada noite, o persoal do 112 Galicia xestionou a chamada de axuda dun ciclista, que sufriu unha caída cando descendía o porto do Ézaro, en Dumbría.

Sucedeu preto das 23 horas, tal e como puido explicar o propio afectado mediante a súa comunicación co número único de emerxencias. Segundo explicou, o golpe provocoulle unha forte dor nas costas, polo que necesitaba asistencia médica. Deste xeito, avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de efectuar o traslado do doente ao centro médico máis próximo.

Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os Bombeiros de Cee, aínda que, descartaron intervir en canto comprobaron que o ciclista estaba xa atendido polo equipo da ambulancia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos