A segunda cita será este domingo 3 de xullo na Biblioteca municipal de Santa Comba, a partir das 18h. No recital “Sonoras promesas” intervirán Irene Vázquez Amarelle(piano), Gonzalo Rodríguez Martínez(violín), Alisa Zhgenti(piano) e Roberto Bolaño Amigo (trompeta).
Festival Feros Corvos con música, poesía e conferencias
A organización do “Festival Feros Corvos do son e da palabra” corresponde ao concello de Santa Comba e ao Ateneo Xalleiro coa colaboración da Xunta de Galicia por medio do Xacobeo 21-22.
O concerto inaugural tivo lugar o pasado sábado na Capela de Rubín coa actuación da soprano Mercedes Hernández e Fernando Reyes, tocando distintos instrumentos (cítola, tiorba e guitarra barroca). Forman Resonet.
”.
FOTOS – ATENEO XALLEIRO