9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

“O Asalto ao Castelo é unha festa que sorprende”

“O Asalto ao Castelo é unha festa que sorprende. Se vas unha vez acabas repetindo. É unha cita á que desexas volver”. Así o explicaba Manolo Rial no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Para este membro da organización, o evento “é unha festa singular e única. Non é unha festa de recreación histórica. Vivimos as loitas irmandiñas desde o presente dunha forma divertida”.

Manolo Rial, un dos organizadores do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Algo que evolucionou en popularidade:“En 25 anos, a festa cambiou moito e foise gañando o cariño e a implicación da veciñanza. É unha festa que todo o mundo vive”.

Podes escoitar aquí a entrevista a Manolo Rial desde o minuto 25 .

Programa do Asalto ao Castelo

O calendario de actividades é moi potente. Pinchos Irmandiños nunha ducia de establecementos (entre 28 de xuño e 2 de xullo).

O Venres 1 de xullo, medio milleiro de persoas participarán na “Cea Medieval”. Haberá animación con CÉ Orquestra Pantasma, unha batalla de queimadas con Roberto Traba Velay e Miguel Queiro(00:00h), e as actuacións da Banda da Balbina (01:00h) e de Monoulious Dop(02:15h).

E o sábado, arderá a capital da Terra de Soneira en actividades. Feira artesanal, o Asaltiño, as Irmandades Parroquiais, visitas teatralizadas, etc. e o tradicional momento do Asalto ao Castelo(23:30h).

SES, actúa no Asalto ao Castelo de Vimianzo

Antes desde momento estelar actuará a cantautora galega SES. María Xosé Silvar xa ten varios discos entre eles o último “Liberar as arterias”, con doce temas como “A única señora”, “Espiña sen rosa” ou “O silencio non marcha”. Este ano lanzou o sinxelo “O medo dunha nena”.

E despois da “revolta” cos berros de “lume” subirán ao escenario tres bandas: Nativa, Talco e Tandub. Talco é unha das bandas de Ska máis importantes do vello continente. Conta con catro discos e numerosas actuacións por toda Europa.

Pola súa banda Tandub, son de Ourense e fusionan a música galega coa marroquí. E Nativa é o grupo formado por membros de La Raíz.

Hai que lembrar que nesta edición o XXV Asalto ao Castelo de Vimianzo conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos