10.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

O alcalde de Mazaricos sobre a problemática eólica: ”Os concellos podemos negociar para evitar atrocidades”

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, está convencido de que na problemática eólica “os concellos podemos conseguir bos acordos, e negociar desde unha posicion de forza para evitar que se cometan atrocidades”.

Parque eólico da Ruña

Sinala que non está en contra da enerxía eólica pero opónse a que se fagan plans “desde un despacho” que prexudiquen ó territorio. E refírese ao pulso xudicial do parque eólico da Ruña que rematou con entendemento:

“Pasamos dun contencioso a un acordo onde o concello vai a ter un ingreso inmediato de máis de 500.000 euros e as entidades locais van a asinar un convenio por valor 2,2 millóns de euros durante 30 anos”.

Con respecto ao proxectos A Picota I e A Picota II “conseguimos que Patrimonio tumbara cinco aeroxeradores”.

Axudar aos veciños de Mazaricos

Nunha entrevista en Radio Xallas que se pode escoitar completa aquí desde o minuto 87 , Juan Blanco incidiu no seu posicionamento de asesorar ós veciños a pesares dos consellos contrarios dos técnicos:

”A intervención municipal pode dicir que non é competencia nosa pagar un avogado ou un técnico para defender ós nosos veciños pero nós entendemos que sí e asumimos as consecuencias”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos