13.6 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

Juan Blanco: “O meu obxectivo é conseguir que existan cero casas baleiras en Mazaricos”

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, está “satisfeito” coa xestión realizada polo seu goberno local pero sinala que “quero máis” e inclúe os traballadores municipais neste balance:”Estou moi a gusto cos concelleiros do goberno e cos traballadores que fan un traballo constante, non existe horario para chamar…”

Pensa que ese bo ambiente é chave para avanzar:”Fixemos unha RPT con cero alegacións e non creo que moitos concellos poidan presumir disto”.

“Mazaricos ten un potencial turístico enorme”

“Temos un proxecto lanzado fai sete anos e apostamos por esa continuidade” declarou nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Escoita a entrevista en Ivoox desde minuto 87

“Por exemplo, en turismo, hai que ver o que era o concello de Mazaricos fai sete anos e o que é agora, como evolucionou. Temos un potencial turístico enorme”.

Na actualidade hai dous temas que teñen unha especial relevancia para o mandatario. A “Senda do Xallas” e a Residencia de Maiores de Pino do Val.

“A Senda Do Xallas vaise demorando pero contratarase este ano. Vai a ser un antes e un despois do turismo. Hai que agradecer o apoio da Deputación e como se involucrou Xosé Regueira”.

No caso da Residencia, continúan cos trámites e “dependemos da cesión do edificio” por parte da Xunta. O goberno local baralla “o modelo de Silleda”, cunha xestión privada para poder ter a opción de contratar persoal do municipio.

Lembra que o concello conta cun remanente duns 600.000 euros, cambiou o alumeado municipal, acaba de inaugurar un Campo de Tiro e promove distintas obras.

Juan Blanco, sentido común, boa xestión e máis fondos

Pero no oculta as eivas que existen:”Temos unha infraestrutura viaria inmensa con mil quilómetros de camiños. O 80% da partida de obras é para camiños, con 250.000 euros en desbroces”.

Outro problema é o do abastecemento de auga. “Imos investir medio millón de euros nun depósito de auga e nun bombeo dun millón de litros e teremos que facer unha nova captación de auga”.

“Hai que actuar con sentido común, conseguir máis recursos e facer unha xestión milimétrica dos gastos” engade o rexedor.

“Necesitamos un rural forte”

Outra adversidade é o avellentamento. Recoñece que non se pode aspirar a aumentar a poboación pero si conseguir que haxa vida nos pobos:“O meu obxectivo é conseguir que existan cero casas baldeiras en Mazaricos”.

Juan José Blanco Riveiro mantén a súa teima por dignificar estes territorios e salienta a labor dos gandeiros:”Desde a cidade non nos entenden pero para que haxa abastecemento nas neveiras ten que haber gandeiros.Necesitamos un rural forte”.

Tamén puxo en valor o importante aumento en gasto social por parte do concello, ou as melloras propostas para dotar de fibra zona de Arcos.

Escoita a entrevista aquí desde Spotify – Minuto 87

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos