6.8 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

XIII Pinchos Irmandiños en Vimianzo

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, presentou a XIII edición dos Pinchos Irmandiños xunto ás concelleiras Rosa Blanco e María José Pose e varios dos hostaleiros participantes neste programa. O roteiro gastronómico estará composto de 12 locais e terá lugar do martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo, en horario mínimo de 12:00h a 15:00h e de 19:00h a 23:00h.


A alcaldesa recoñeceu o labor e o esforzo dos hostaleiros nun momento moi complicado para o sector e despois de dous anos de restricións por mor da pandemia. “Quero facer un agradecemento especial a todos os hostaleiros de Vimianzo neste momento polo que pasan e quero que saiban que sen eles a organización deste ano non sería posible. O voso traballo é un orgullo para todo o noso Concello”.

XIII Pinchos Irmandiños en Vimianzo


Pola súa banda, o representante dos hostaleiros, Carlos Gómez, do Bar Celme, lembrou que “foron ano duros estes dous últimos anos pero intentarémolo facer o mellor posible estou convencido de que imos sacar o traballo adiante. A variedade é extensa, doce creacións excelentes para esta edición”, sentenciou.

Locais participantes nos XIII Pinchos Irmandiños


Os locais participantes serán o Restaurante Montevideo, co pincho Tesouros de Sabadelle; a Cervexería Risco, coa súa Torrada de Moscoso; Bodegón A Lareira, Porco con bolas caídas de catapulta; O Petouco, co Torreón Irmandiño,; O Agocho, co Enrolado da Santa Irmandade; Panadaría Perla , co niño do Castelo; restaurante A Lagoa, co Companagium; Algareira, Torreón Cake; Café Celme, cun Desexo carnal; o Café Bar A Rúa, co Bocado do Mar de Sabadelle; Panadería Ignacio coas tetiñas da Condesa; e o Restaurante Vía Rápida, co O.P.C.

XIII Pinchos Irmandiños en Vimianzo

Este ano volverán os agasallos irmandiños para as persoas que selen a ruta completa (12 selos). A cartoliña terase que depositar en calquera dos seguintes locais: Café Bar A Rúa, Restaurante Vía Rápida e Restaurante Montevideo. E deberán ter os datos de contacto cubertos e indicar o que, na súa opinión, é o mellor pincho e o local mellor decorado.


Ademais, entre os que completen a ruta sortearase un lote de produtos ESTRELLA GALICIA en función do peso da persoa gañadora. O precio do Pincho Irmandiño será de 2,50 euros e o Pincho Irmandiño más un quinto Estrella Galicia ou auga será de tres euros.
Nota de prensa Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos