10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

A Costa da Morte no Foro Mar de Vigo

O Museo do Mar de Vigo acolleu na fin de semana Foro Mar, un evento no marco do Plan da Cultura Marítima de Galicia (PCUMA) promovido pola Consellería do Mar que busca favorecer a xestión integral, a posta en valor e a activación da Cultura Marítima de Galicia.

Na apertura estivo presente a conselleira do mar Rosa Quintana Carballo, xunto a directora do Museo do Mar Marta Lucio, o director do plan coordinado pola UDC Óscar Fuertes Dopico e o vicerreitor de investigación da Universidade da Coruña Salvador Naya. Clausurou o foro o director xeral de Cultura Anxo Manuel Lorenzo Suárez.

Houbo dúas mesas de expertos, na primeira estivo presente a zona 3 Costa da Morte coa exposición de Rafael Lema Mouzo, directivo do GALP comarcal. Acompañado por Ramón Villares de A Mariña-Ortegal e José Luis Sacau Fontel por Fisterra-Muros-Noia. Na segunda mesa estiveron Covadonga López de Prado Nistal pola ría de Pontevedra, Gerardo Triñanes Fernández pola ría de Arousa e Pablo Carrera López por Vigo-A Guarda.

Foro Mar de Vigo

Rosa Quintana agradeceu a presenza e compromiso dos expertos e voluntarios do plan, destacando a relación directa que manteñen coa cultura mariñeira, nun foro que serve «para evaluar como vai o traballo, e que foi moi satisfatorio» polo que dou o «máis sinceiro e profundo agrademento» os participanes, facendo unha chamada na defensa do mar, dos oficios e tradicións pero nun plan «que quere mirar ó futuro con esperanza».

«Mirar ó pasado para aprender e tomar as forzas suficientes para seguir camiñando cara o futuro» recalcou a conselleira. Agradeceu ao UDC polo esforzo e por recoller a manda da consellería nun plan que considera ambicioso e destacou a implicación dos GALP como grupos idóneos que quere a consellería seguir impulsando porque responden ás necesidades dos territorios costeiros «e comparten intercambios entre eles e cos doutros países».

Quintana indicou ós colaboradores que «necesitamos do voso saber, para recuperar o pasado, marcar os camiños do futuro e crear un documento final» en defensa da cultura mariñeira. «Espero que todos ó final cerremos este ano o documento coas liñas estratéxicas e políticas que nos digan que temos que facer e como» concluíu a mandataria.

Foro Mar de Vigo

Entre marzo e xuño o equipo de traballo da UDC a petición da Consellería do Mar organizou un proceso participativo coas distintas entidades e persoas que coñecen de primeira man a Cultura Marítima de Galicia para promover unha reflexión conxunta sobre o Plan dando lugar a un documento arraigado, significativo e cun impacto no sector do mar e no conxunto da ciudadanía. No plan estiveron implicados directamente os GALP galegos.

Nas diferentes mesas participativas por territorios contaron con anfitrións e expertos na Cultura Marítima de Galicia que estiveron no evento final deste proceso participativo o 18 de Xuño no Museo do Mar en Vigo ás 10:30 horas. Na cita participaron persoas, empresas e entidades ligadas ao mar, representantes políticos/as, expertos/as das mesas participativas e público interesado.

«Foro Mar» en Vigo

«Foro Mar» foi o momento de apertura ao conxunto dos diferentes axentes relacionados e interesados no mar do proceso participativo nas distintas áreas, cun formato dinámico concevido como un espazo de encontro, intercambio e discusión.

Na Costa da Morte previamente, o 19 de maio, quince axentes implicados no sector tiveron unha reunión de traballo no faro de cabo Vilán con Rafael Lema como anfitrión e encargado pola organización de levar a Foro Mar os resultados da mesa participativa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos