14.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

A segunda edición de MuxiUP arranca cun parque de atraccións

O vindeiro 23 de xuño arranca a “sejunda edisión” de “MuxiUP”, a programación cultural de verán do concello de Muxía.

Desde a concellaría de cultura que coordina Olalla Benlloch decidiron abrir a programación (o 23 de xuño) cun parque de atraccións, nesta ocasión aínda máis grande e con sorpresas.

Desde o grupo de goberno esperan “que aumente numero de asistencia para que toda a veciñanza de Muxía poda gozar dunhas xornadas festivas na súa vila”.

Programa cultural de verán MuxiUP

A rapazada de Muxía terá un carné co que durante a inauguración e a clausura poderán, de forma gratuíta e cantas veces queiran, acudir a todas as atraccións situadas na explanada do porto muxiá.

O 24 de xuño, poderase gozar e bailar coa actividade chamada ‘Muxiup! Young’ que traerá a discoteca móbil Impacto, acompañada dun DJ invitado.

MuxiUP senior con Noche de Estrellas

Un día despois e para os máis adultos, chega o ‘Muxiup! Senior’, onde se combinará o espectáculo da orquesta ‘Noche de Estrellas’ e a discoteca Impacto.

Durante todo o verán haberá exposicións, mostras de artesanía, ioga na praia, espectáculos, concertos, actividades nas parroquias e o xa tradicional autocine de Muxía, único na Cosa da Morte e no que este ano o protagonista será a versión familiar do filme ‘Pinocho’.

Programa cultural de verán MuxiUP deportes

Tras a presentación, o alcalde de Muxía, Iago Toba, quixo destacar “o esforzo e o compromiso da concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, que non tendo dedicación remunerada está a realizar unha labor nunca antes vista neste concello no eido cultural. É un orgullo ver como grazas ao seu gran traballo, Muxía é referente na comarca no ámbito cultural”.

“Planificamos unha programación cultural completa e pensada para todos os públicos. Despois deste anos duros de pandemia confiamos en que esta segunda edición do MuxiUp sexa un impulso de alegría e positividade para toda a veciñanza de Muxía”, destacou a concelleira Benlloch.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos