A asociación de empresarios de Santa Comba organiza un concurso de pintura, no que participan alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP Barrié de la Maza, CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada e do CEIP Pepe de Xan Baña.
O prazo de entrega remata o venres 17 de xuño. O profesorado de cada un dos tres centros escollerá unha obra finalista, “seguindo criterios estéticos e creativos”. Os artistas da empresa Vella Escola elexirán a obra ganadora.
Santa Comba en Cores 2.0
A temática é “Os mundos fantásticos”. A obra vencedora quedará plasmada un mural do programa “Santa Comba en Cores 2.0”. Concretamente no que se ubicará na rúa Lugo 42, enfrente ao centro médico.
Dito mural, que será executado por Vella Escola na compaña do alumno premiado, terá unhas dimensións de 9,16 metros de longo por 2 metros de altura.
Foto portada- Colexio Nuestra Señora Inmaculada
[…] Adiante Galicia […]
[…] Adiante Galicia […]