Informa- Axega 112
Tres persoas tiveron que ser rescatadas na tarde de onte no concello coruñés de Cee despois de colidir dous turismos na AC-552, entre os puntos quilométricos 87 e 88.
Unha vez liberados, os feridos foron evacuados en ambulancia ao Hospital Virxen da Xunqueira polos profesionais sanitarios.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse preto das sete horas, no lugar de Morancelle. Foi unha persoa particular quen chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda, posto que, os ocupantes dun dos turismos amosaban dificultadas para abandonalo polos seus propios medios.
Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Cee co fin de prestar axuda aos afectados e facilitar a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Ademais, contaron co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. Tamén, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos membros de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa intervención.
Foto-Bombeiros de Cee