5.7 C
Santa Comba
viernes, diciembre 20, 2024

Vimianzo celebrará o XXV Asalto ao Castelo cun programa moi atractivo

Vodas de prata para un Asalto ao Castelo moi agardado que chega coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

E no marco incomparable do Castelo de Vimianzo presentouse esta nova edición que terá os seus días grandes o venres 1 e o sábado 2 de xullo.

Asistiu o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia, Ana Teresa Cimas; o deputado José Manuel Pequeño, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez así como membros do equipo de goberno e representantes das asociación Cherinkas ou Axvalso.

Castelo de Vimianzo

Cé Orquestra Pantasma, Monoulious DOP e A Banda da Balbina

O venres pola noite actuarán Cé Orquestra Pantasma, Monoulious DOP e A Banda da Balbina, despois dunha batalla de queimadas.

O sábado 2 de xullo, o gran festival da noite contará coas actuacións de SÉS, Nativa, Talco e Tandub.

Non serán as únicas actuacións do día, xa que ao longo da xornada poñerán o carácter musical grupos como Los Jinetes del Trópico, Teima e Sapoconcho sem poncho, e mesmo haberá sesión vermú itinerante con Lilicleta.

Na medianoite do sábado, entre os concertos, chega o momento álxido da festa: o propio Asalto ao Castelo, cunha representación teatral na que o público se converte en irmandiño e asiste ao terror dos poderosos, para despois vingarse dirixíndose á fortaleza con fachos, ariete, berros e batalla de auga.

Asalto ao Castelo cheo de actividades

Unha semana antes, o sábado 25 de xuño dará comezo oficialmente a festa coa celebración da VI Legua Irmandiña, unha carreira con distancias do medievo que ten como fermosa meta no solpor o propio Castelo de Vimianzo. Para inscribirse, o prazo abrirase proximamente para as diferentes categorías en www.galitiming.com.
No día seguinte, o domingo 26 de xuño, terá lugar unha das novidades desta edición, unha emotiva ruta guiada polos escenarios e lugares da historia da festa que contará cunha subida á mítica Cruz do Loureiro.

XIII Pinchos Irmandiños

Un dos pratos fortes, literalmente, do Asalto ao Castelo de Vimianzo serán os XIII Pinchos Irmandiños que animarán a vila do martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo. Nesta edición, organizada pola hostalería de Vimianzo, participan propostas locais que só poden levar como ingredientes produtos que existisen no século XV en Galicia. Poderase premiar ao establecemento mellor decorado e tamén ao mellor petisco. E se se fala de gastronomía medieval, a gran referencia é a Cea Medieval que conta xa con once edicións. Xa están as entradas esgotadas. Será o venres 1 de xullo.

XXV Asalto ao Castelo de Vimianzo o 1 e 2 de xullo de 2022

Onde aínda hai sitio é nas Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira. Un emotivo desfile de veciñas e veciños da comarca histórica gobernada polo Castelo, que se xunta e prepara para a gran noite do sábado, 2 de xullo. Reunidos na praza do Concello, escoitarase o pregón da festa e levantarase a bandeira ao son da Muiñeira de Vimianzo, unha composición creada polo grupo de Burela Medio Quinhón inspirada no Asalto ao Castelo e que será presentada oficialmente nese momento.

Antes diso, pequenos e maiores gozarán do Asaltiño, unha gran batalla de auga nunha representación do Asalto adaptada para a rapazada, que será en horario de 16:30 a 17:40 horas.

Durante o resto do día grande, o sábado 2 de xullo, nas rúas de Vimianzo desenvólvese a X Feira Artesanal e haberá múltiples actividades: xogos, obradoiros de combate e moda medieval, a visita teatralizada no Castelo polo alumnado do IES Terra de Soneira e a música de rúa da A. C. Trubisquiña, Batucada As Curandeiras-Kosoko Nasera, Medio Quinhón e Batucada Rapacollón´s Big Band Fisterra.

O Asalto ao Castelo ten detrás o traballo da veciñanza e de asociacións sen ánimo de lucro. Cherinkas, AXVALSO e o Concello de Vimianzo son as entidades sobre as que recae o peso principal deste evento, mais outros colectivos da vila e comarca fan posible a celebración da festa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos