10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

“ Santa Comba en Cores ” terá unha segunda edición

Xa o adiantara o presidente da asociación de empresarios, Alberto Romar, nunha entrevista en Radio Xallas. Que o proxecto “Santa Comba en Cores” deixara un bo sabor de boca e ía ter continuidade.

Segunda edición

O obxectivo desta segunda edición será o embelecemento de seis murais e unha fachada do concello de Santa Comba “para dar alegría e adecentar certas zonas visibles con temàticas tales como a multiculturalidade, medio-ambiente, persoeiros da cultura xalleira e galega, Vía Céltica , gandería…”.

A actuación prevista nesta segunda edición conta cun orzamento de 7.000 euros.

Crowfunding en marcha

Poñen en marcha un crowfunding para consegui-lo financiamento necesario. Empresas ou particulares poden formalizar as súas achegas nas dependencias da asociación ou ben mediante ingreso nunha conta bancaria. De feito xa están recibindo axudas.

O proxecto executarase no mes de xullo por medio de tres artistas da empresa Vella Escola. Desde a asociación de empresarios piden apoio “para poder levar a cabo o proxecto íntegro que gustará e moito”.

Cando se remate o proxecto desde a patronal xalleira realizarán “un vídeo de agradecemento no cal mencionaremos a tódolos colaboradores”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos