2.5 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

A comisión de Festas de Alón e Axio Mouro preparan a Foliada do Agro da Ponte

A presidenta da asociación “Axio Mouro”, Mónica López, e o presidente da comisión de Festas de Alón, José Manuel Rodríguez Torreira “Chela” falaron en Radio Xallas da I Foliada do Agro da Ponte que se vai a celebrar o vindeiro sábado 11 de xuño na praia fluvial de Esmorode.

Unha Foliada que pretende perdurar

“Eu tiña gañas de facer algo así e falando con Jorge Castelo, gaiteiro de Axio Mouro, tamén me comentou que eles tamén querían facer un certame ou unha Foliada e propúxenlle facer algo entre as dúas asociacións. E así xurdiu a idea. Démoslle para adiante e vai ser unha realidade que imos poder vivir o 11 de xuño” comentou José Manuel da Chela.

Unha reflexión coa que coincidiu Mónica López:“Axio Mouro tiña planificada unha gran Foliada, o ano da pandemia, e xa tiñamos duascentas persoas organizadas para vir ao evento e quedounos un pouco esa espiña cravada”.

Desde Axio Mouro destacan o feito de  que “colaborar dúas asociacións do mesmo concello ten que servir de exemplo tamén·..Ambas entidades valoran a esencia desta Foliada que quere xuntar “xentes de idades distintas na mesma festa“

Aquí podes escoitar a entrevista desde o minuto 60

Na Foliada do Agro da Ponte haberá música, baile, churrasco a cargo do Restaurante Tío Paco, servizo de cantina, sorteos, xogos tradicionais, actividades para nenos con El Juguetón. Ao ser unha foliada “aberta” calquera persoa poderá tocar algún instrumento ou bailar nunha cita que ten pinta de estar moi animada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos