O concerto de Tanxugueiras na capital da Terra de Soneira celebrouse, finalmente, o Día das Letras Galegas cun ambiente excepcional, “con xente que xa ateigaba o recinto habilitado desde o primeiro momento que se abriron as portas, ás 20:00 horas da tarde”.
”Esta noite houbo foliada, Vimianzo! E tanto que a houbo” sinalaban desde o concello de Vimianzo na súa conta de Twitter.
Cun público totalmente entregado, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro chegaron coa “Xira Midas” para ofrecer temas como “Averno”, “O querer”, “Miña nena”, a popular “Terra” ou o seu último sinxelo “Pano corado”.O público xa estaba coas ideas claras e gañas de festa. E as artistas non defraudaron.