4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Adíase o concerto de Tanxugueiras en Vimianzo

Será mañá, martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 21:30 horas na mesma ubicación.

O Concello de Vimianzo comunica o adiamento do concerto de Tanxugueiras previsto para esta tarde de luns 16 de maio, véspera das Letras Galegas, ao non poderse garantir a total seguridade tanto das artistas como do público. 

As fortes rachas de vento rexistradas nas últimas horas fixeron ao equipo técnico ter que baixar o palco, que xa se subirá esta mañá, co conseguinte risco de desprendemento. De feito, un dos tensores do tráiler rompeu. 

“O primeiro é garantir a seguridade tanto das artistas como do público”, avanzaba a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen insistía en que “ante a mínima posibilidade de que exista risco, por mínimo que sexa, temos que tomar unha difícil pero meditada decisión”, asegura.Polo tanto, o recital celebrarase mañá, martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 21:30 horas, no mesmo recinto habilitado

Info- Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos