O presidente do comité de empresa de XEAL(antiga Ferroatlántica), Alfonso Mouzo, avanzou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, que presentarán unha demanda vía penal, contra os actores da compra-venta da empresa que consideran que foi “un engano”. E tamén contra Augas de Galicia.
“Fixemos varios requirimentos por vía administrativa e a Xunta non respondeu, e non nós queda máis remedio que poñer unha demanda no penal, que xa estamos ultimando. Vai dirixida a compradores e vendedores e a Xunta por non facer os deberes como administración e mirar para outro lado”.
Mouzo engadiu:”A empresa séntense impune ante a pasividade da Xunta”. E que lle solicita o comité de empresa ao goberno galego:”Pedímoslle á Xunta que comprobe o plan industrial e confirme que se perderon trinta postos de traballo directos e 80 eventuais, que a capacidade industrial cada vez é máis escasa e que nos enganaron coa compra venta”.
Escoita a entrevista con Alfonso Mouzo-desde o minuto 60
Sobre a petición de incremento do caudal no encoro de San Uxía comentou que se presentaran alegación para que esa concesión leve emparellada un aumento “proporcional” de postos de traballo.”Non é normal que aumenten o negocio hidroeléctrico e a plantilla vaia a menos”.Fíxose eco das informacións publicadas por “El Economista” sobre unha posible venda das centrais.
“As cousas non pintan ben.Levamos dous anos e medio denunciando que os actuais propietario só veñen lucrarse cos beneficios eléctricos e as fábricas están perdendo emprego e calidade no emprego” manifestou en Radio Xallas.