A Xunta de Galicia acaba de contratar un estudo preliminar co obxectivo de analizar a viabilidade da ampliación do polígono industrial de Santa Comba.
Segundo fontes do goberno galego, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, informou deste asunto á alcaldesa de Santa Comba, María Pose, nunha recente xuntanza “para abordar diferentes temas de interese municipal”.
Estudio para fin de ano
A conselleira informou que o mes pasado a Consellería, a través de Xestur, encargou o contrato para a redacción do referido estudo, que servirá “para analizar a necesidade, ou non, de reforzar os sistemas xerais existentes para dar servizo á ampliación e estimar á vez o seu custo”.O obxectivo é que se poida dispoñer do documento antes de que remate o ano.
Desde Medio Ambiente lembran que “todas as parcelas existentes están xa vendidas, motivo polo que o Executivo municipal quere promover agora unha ampliación aproveitando terreos contiguos ao actual parque para poñer á disposición das empresas solo industrial con todos os servizos“