5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Presentado o Festival Vákner como “un acontecemento histórico e fundamental para a Costa da Morte”

//Carlos Goñi súmase ao elenco de artistas//

O Festival Vákner de Dumbría foi presentado nun acto celebrado na sede da Deputación provincial que contou coa presenza do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, do Vicepresidente Xosé Regueira, e do alcalde de Dumbría e deputado, José Manuel Pequeño.

Tamén asistiron os alcaldes de Fisterra, Mazaricos, Corcubión, Muxía e as alcaldesas de Vimianzo e Cee, e  varios músicos do grupo Luar na Lubre que lidera Bieito Romero e do que forma parte a intéprete soneirana Irma Macías.

Para José Manuel Pequeño o Festival Vákner é “un acontecemento histórico e fundamental para a Costa da Morte, é arte, cultura, lendas, historia, economía e turismo”.

Agradeceu o apoio da Rede Cultural da Deputación, algo que tamén puxo en valor Valentín González que afirmou:”se este festival encaixaba en algún sitio da provincia, era na Costa da Morte” .

Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, agradeceu a aposta da Deputación e o Concello polo festival e afirmou que “o recurso do Vákner vai ser unha marca e reclamo turístico moi importante para a zona e tamén para Galicia”, facendo unha comparativa co monstro do Lago Ness. 

Neste acto anunciouse un novo artista que se suma ao elenco do festival, Carlos Goñi, líder de Revólver que actuará xunto con Luar na Lubre, Ismael Serrano, Víctor Manuel, Alexandra Suárez e os gaiteiros de Buxantes.

O concerto será gratuíto, aínda que para acceder ao Campo de Fútbol de Dumbría haberá que coller entradas na páxina web www.ataquilla.como ou nas dependencias do Concello.Ese mesmo día no Marco do Couto inaugurarase unha escultura de Cándido Pazos dedicada ao Vákner.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos