Tras dous anos de parón pola emerxencia sanitaria da covid-19, Muxía volverá celebrar a Festa dos Maiores, sendo a primeira vez que este equipo de goberno organice esta festividade tan simbólica para a Vila da Barca.
O evento terá lugar o vindeiro 28 de maio e estarán convidadas todas as persoas maiores de 65 anos (incluídos os de 65 e as persoas pensionistas) que se queiran achegar a vivir unha xornada inesquecible.
As persoas maiores que desexen acudir tan só deberán retirar as súas entradas presentando o seu DNI na oficina que estará habilitada na 3ª planta da Casa do Concello de Muxía, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A data límite para retirar as entradas será o luns 23 de maio e cada persoa poderá acudir cun acompañante que deberá retirar tamén a súa invitación presentando o seu DNI.
Programación completa
11:00 Misa cantada pola Coral Polifónica Virxe da Barca no Santuario de Nosa Señora da Barca.
14:00 Xantar no Pavillón Polideportivo de Muxía. (O acceso ao recinto estará aberto a partir das 13:30h)
O grupo de musica tradicional ‘Xaramiños do Corpiño’ amenizará a entrada dos comensais no recinto.
Tras o xantar, concerto da artista PILI PAMPÍN. Continuación da festa co GRUPO ÉLITE e con MANOLO DELFÍN.
Info nota de prensa concello de Muxía