14.7 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

O concello elimina tres verquidos de lixo en Soandres, Erboedo e no coto de Santa Marta

O Concello detectou e procedeu á eliminación de tres verquidos incontrolados de lixo localizados a carón da rede viaria en Soandres e Erboedo e, tamén, no coto de Santa Marta.

En Soandres apareceron rodas e restos de materiais plásticos e metálicos na estrada de acceso ao núcleo de Silvoso.En Erboedo, nas inmediacións do núcleo de Longra, foron depositados restos dun vehículo e tamén residuos de obra tales como ferralla, escombro e botes plásticos.O verquido localizado no coto de Santa Marta consistía en colchóns e material téxtil.

O Concello solicita a colaboración cidadá para evitar este tipo de situacións que poden causar danos no medio ambiente. Lémbrase que o Punto Limpo é un servizo municipal gratuíto para os usuarios que garante que a eliminación dos residuos se realice dun xeito responsable, que se aproveite o que poida ser reciclado e que os máis contaminantes reciban un tratamento especial.

Está a disposición de todos os veciños do municipio no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha, os luns (15 a 20 horas), mércores e venres (16 a 20 horas) e sábados (9 a 14 horas). Ademais, existe un servizo de recollida de voluminosos a domicilio, tamén gratuíto para a veciñanza, que pode solicitarse chamando ao teléfono gratuíto 900701120.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
461SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos