12.4 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Unha persoa queda atrapada nun vehículo logo de colidir con outro en Santa Comba

Informa AXEGA 112-

Unha colisión entre dous vehículos na Avenida de Santiago, en Santa Comba, deixa dúas persoas feridas, unha delas atrapada no interior dun dos coches implicados.Para liberar ao ferido, os bombeiros da localidade tiveron que retirar os asentos do turismo e sacar o ocupante polo maleteiro.

Malia que ningún ferro lle oprimía, o ferido necesitaba axuda para desbloquear as portas do coche, que quedaron inutilizadas despois de producirse a colisión. Deste xeito, os efectivos do parque comarcal de bombeiros situado nesta vila coruñesa resolveron sacar os asentos do coche e permitir a saída do ferido pola parte traseira do vehículo. Así, unha vez fóra do coche puido recibir a asistencia médica necesaria e mesmo ser evacuado ao centro hospitalario de referencia xunto con outra persoa máis ferida neste sinistro.

Unha colisión, por certo, da que soubo o persoal do 112 Galicia mediante a chamada de alerta dunha persoa particular ás 14:15 horas de hoxe. Isto permitiu a posta en marcha das xestións necesarias para activar un operativo, no que ademais dos Bombeiros de Santa Comba, participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Policía Local e os efectivos do servizo local de Protección Civil.

 Foto-grupo Whatsapp

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos