Jorge Castelo Mourelle será un dos catro gaiteiros que representarán a Galicia no popular Torneo MacCrimmon.
Xunto con Manuel Ramón Seoane Sánchez, Xesús Rodríguez Callejón e Diego García Prieto, o mozo de Boaña(Castriz), participará no concurso de gaiteiros de máis prestixio do mundo.
Galegos como Carlos Núñez ou Edelmiro Fernández(en catro ocasións) gañaron este concurso. A primeira galega e obter o galardón foi María López Carballo, no ano 2019, con tan só 14 anos.
En agosto no Festival de Lorient
Agora Jorge Castelo Mourelle formará parte , polo tanto, da delegación do noso país, no Festival intercéltico de Lorient que se celebra no mes de agosto. Tamén estarán a Escola de gaitas de Ortiguera, Asociación cultural Donaire, Fiandola, Caamaño & Ameixeiras CRNDS, Fransy González, José Manuel López “Josele” e Fran Sieira compañçia de danza.
Castelo, ademais de ser gaiteiro e formar parte da asociación Axio Mouro, destaca un activo divulgador cultural e investigador do noso folclore.