12.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Jorge Castelo participará no Torneo MacCrimmon de Lorient

Jorge Castelo Mourelle será un dos catro gaiteiros que representarán a Galicia no popular Torneo MacCrimmon.

Xunto con Manuel Ramón Seoane Sánchez, Xesús Rodríguez Callejón  e Diego García Prieto, o mozo de Boaña(Castriz), participará no concurso de gaiteiros  de máis prestixio do mundo. 

Galegos como Carlos Núñez ou Edelmiro Fernández(en catro ocasións) gañaron este concurso. A primeira galega e obter o galardón foi María López Carballo, no ano 2019, con tan só 14 anos.

En agosto no Festival de Lorient

Agora Jorge Castelo Mourelle formará parte , polo tanto, da delegación do noso país, no Festival intercéltico de Lorient que se celebra no mes de agosto. Tamén estarán a Escola de gaitas de Ortiguera, Asociación cultural Donaire, Fiandola, Caamaño & Ameixeiras CRNDS, Fransy González, José Manuel López “Josele” e Fran Sieira compañçia de danza.

Castelo, ademais de ser gaiteiro e formar parte da asociación Axio Mouro, destaca un activo divulgador cultural e investigador do noso folclore.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos