10.3 C
Santa Comba
sábado, mayo 10, 2025

Encontro con mulleres rurais no “Barrié nas ondas”: unha experiencia inesquecible

O  C.E.I. P. Barrié de la Maza de Santa Comba acolleu este xoves un encontro radiofónico con mulleres rurais, moderado polo locutor de Radio Xallas e director de  Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema, apoiado na parte técnica polos profesores María García Espasandín e  Beni Suárez.

A  iniciativa organizada pola directora do centro Dolores Nieto, a profesora  Olaia  Novo, e outros membros da comunidade escolar, enmárcase no proxecto “ Arrólame  paseniño, arrólame un  pouquiño».

No programa participaron Lola Abelleira Duarte e Margarita Bustelo López (Asociación Mulleres Rurais de Santa Sabiña), María Carmen Pena Barbeito (Asoc. Sociocultural de Mulleres Rurais de Arantón), Isabel Lema Duarte (Asoc. Mulleres Rurais do Xallas),  María José Calvo Álvarez (Asoc. Cultural e Recreativa Castro de Boaña),  Lina Novo Antelo (Asoc. As Céltigas de Vilar de Grixoa), e  Carmen Ameijeiras Gerpe e María Pazos Guillín (Asoc. Mulleres Rurais Airiños do Xallas).Asistiu como público un grupo de alumnos de quinto e sexto de primaria.

Todas as mulleres coincidiron en valorar o proxecto de arrolos do centro xalleiro e na necesidade de recoller os testemuños dos dosos antergos.”Agora con tanto stress non temos tempos para falar cos fillos” comentaba Isabel Lema, mentres Lola Abelleira, acompañada pola súa neta Daniela confesaba:”Eu sígolle cantando a miña neta”.

Carmen Ameijeiras destacaba que “a xente antes cantaba sempre xa que non había teléfonos” e Lina Novo deixaba unha frase:”Eramos enxeñeiros na procura da felicidade”. María Pazos propoñía que as asociacións deberían ser “vixíantes das necesidades das parroquias”.

Moitas reflexións e anécdotas destas mulleres nunha xornada que quedou rexistrada en audio e se emitiu na radio escolar pero tamén en Radio Xallas.

Podes escoitala aquí nestes Podcast (Ivoox ou Spotify) desde o minuto  38.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos