13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Éxito total da tradicional Festa do Congro de Muxía

Esta XXIV edición da Festa do Congro de Muxía tiña todos os ingredientes para converterse nunha cita moi especial, e así está a ser.Por ser a primeira exaltación gastronómica da Costa da Morte tras o período pandémico, pola volta á normalidade e por ser unha festa reivindicativa en defensa dos secadoiros de congro do municipio.

A celebración comezou ás 13:00 horas do venres, 15 de abril, coa degustación do congro en especialidades no porto de Muxía ao que acudiron milleiros de persoas para desfrutar da máis multitudinaria Festa do Congro que ser recorda ata a data.

A xornada gastronómica estivo amenizada polo grupo musical Xaramiños do Corporiño e posteriormente o público gozou a ritmo sesión vermú do Dúo Charada.

Na quenda vespertina, os milleiros de persoas bailaron e gozaron coas actuacións en directo do Combo Dominicano e posteriormente na discoteca móbil Mega CDC.

Para este sábado 16 de abril, tamén estiveron programadas varias actividades, como unha degustación de mexillón e unha Sesión Vermú e Verbena a cargo de Dúo Charada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos